lunes, 17 de marzo de 2008

O SEIS DO NADAL MASCULINO CAMPIÓN DO III TORNEO INTERNACIONAL BENXAMÍN 2008

 

O Seis do Nadal Masculino gañou o III Torneo Internacional Benxamín Mixto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia o pasado domingo 16 de marzo do 2008 nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.

 

A final deste torneo enfrentou aos dous equipos anfitrións, o Seis do Nadal Masculino e o Seis do Nadal Feminino; xogando o partido polo terceiro e cuarto posto o Canteiras de Porriño e o G.D.B. Gafanha de Portugal.

 

Tódolos partidos deste torneo dos máis pequenos estiveron envoltos nunha atmosfera de alegría e de convivencia na que cada deportista puido desenvolver as súas capacidades baloncestísticas.

 

Na entrega de trofeos deste torneo estiveron presentes Aalí Mohamed, Presidente de Honra do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Francisca García, Secretaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Mar Lago, Vicepresidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e Concepción Martíns, Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

1º- SEIS DO NADAL MASCULINO (Vigo)

2º- SEIS DO NADAL FEMININO (Vigo)

3º- CANTEIRAS (O Porriño)

4º- G.D.B. GAFANHA (Portugal)

No hay comentarios: