Este ano no VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebráronse concursos de triples e tiros libres para os máis pequenos.
O sábado tiveron lugar os concursos para categoría feminina nos cales Claudia Fernández do Maristas Celta de Vigo foi a vencedora do concursos de tiros libres e do concurso de triples. Xa o domingo foron os rapaces os que participaron nos concursos sendo Flávio Freitas do Juventude Pacense de Portugal o gañador do concurso de tiros libres e Hugo López do Seis do Nadal "B" o gañador do concurso de triples.
Na entrega de premios dos concursos femininos estiveron presentes D. Xavier Alonso, concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Dna. Marta Souto, Directora Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; D. José Jesús Outeiral, Presidente do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e Dna. Francisca García, secretaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Na xornada do domingo entregou os premios dos concursos Dna. Ángeles Méndez, directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Estos concursos foron outra oportunidade que brindaba o VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet para que os xogadores e as xogadoras puideran demostrar o seu alto nivel de cualidades neste deporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario