martes, 5 de febrero de 2008

VIII TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET 2008 "25 ANOS EN COIA, NÚCLEO DE BALONCESTO EN VIGO"

 

 

Cada ano, no calendario do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia hai unha data marcada sobre as demais: as vacacións de Semana Santa; é nesta época cando ten lugar o noso Torneo Internacional de Minibásquet de categoría alevín.

 

Despois de sete anos organizando este torneo, o traballo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conseguiu que este torneo se proclamase como unha das iniciativas máis interesantes do noso contorno; un gran torneo de categoría minibásquet onde se reúnen algunhas das mellores escuadras de formación de toda Galicia, e xunto a elas equipos procedentes de clubes e entidades de Portugal que desde a primeira edición nos apoian e participan no noso torneo.

 

Seguindo a tradición este ano 2008 a entidade organizará o VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" os días 15 e 16 de marzo do 2008. Neste torneo participarán equipos en idade alevín de toda Galicia e participarán tamén, por primeira vez no torneo, dous equipos de Portugal.

 

Ademáis de xeito paralelo a este gran torneo, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o III Torneo Internacional Benxamín Caixanova de Minibásquet "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" para os máis pequenos e pequenas.

 

Cada ano desexamos que a fin de semana das pequenas estrelas cumpra as expectativas de todos, que os rapaces e rapazas volvan do torneo cargados de ilusión para afrontar as próximas experiencias no deporte e, se todo vai ben, que se poida volver a repetir experiencia cada ano nun evento cada vez mellor.

No hay comentarios: