lunes, 17 de marzo de 2008

O SEIS DO NADAL "A" CONSIGUE O PRIMEIRO POSTO DO VIII TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET 2008

O Seis do Nadal "A" consigue o primeiro posto do VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" de categoría masculina organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, despois de vencer nunha igualada e intensa final ao Marín Peixegalego cun resultado final de 49-44.

Nas semifinais deste torneo o Seis do Nadal "A" tivo que xogarse o pase para a final contra o Seis do Nadal "B" nun partido no que o Seis do Nadal "A" conseguiu unha cómoda victoria por 66-31. O Marín Peixgalego chegou á final despois de vencer ao Canteiras "B" por 51-46 nun partido no que, como reflexa o marcador, foi moi disputado por ambos equipos.

Durante toda a xornada do domingo o público do Pavillón de Coia puido vivir en directo partidos de gran calidade e intensidade na que os xogadores de tódolos equipos demostraron dominar os fundamentos deste deporte.

O terceiro posto foi para o Canteiras de Porriño tras vencer no partido polo terceiro e cuarto posto ao Seis do Nadal "B". En quinto e sexto lugar quedaron clasificados o Juventude Pacense e o G.D.B. Gafanha de Portugal respectivamente.

Na clausura do VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet de categoría masculina entregaron os trofeos D. Jorge Santos, en representación de Caixanova; D. Alberto Zato, Vicepresidente de la Federación Gallega de Baloncesto; y D. José Jesús Outeiral, Presidente del Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

RESULTADOS

GRUPO A

Seis do Nadal "A" 29 Vs Canteiras Porriño 23

Canteiras Porriño 52 Vs Juventude Pacense 23

Seis do Nadal "A" 61 Vs Juventude Pacense 7

GRUPO B

Seis do Nadal "B" 53 Vs G.D.B. Gafanha 25

Marín Peixegalego 49 Vs G.D.B. Gafanha 21

Seis do Nadal "B" 16 Vs G.D.B. Gafanha 64

SEMIFINAIS

Seis do Nadal "A" 66 Vs Seis do Nadal "B" 31

Marín Peixegalego 51 Vs Canteiras Porriño 46

5º E 6º POSTO

Juventude Pacense 45 Vs G.D.B. Gafanha 44

3º E 4º POSTO

Seis do Nadal "B" 39 Vs Canteiras Porriño 40

FINAL

Seis do Nadal "A" 49 Vs Marín Peixegalego 44

CLASIFICACIÓN

1º- SEIS DO NADAL "A" (Vigo)

2º- MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

3º- CANTEIRAS (O Porriño)

4º- SEIS DO NADAL "B" (Vigo)

5º- JUVENTUDE PACENSE (Portugal)

6º- G.D.B. GAFANHA (Portugal)

No hay comentarios: