domingo, 16 de marzo de 2008

AS XOGADORAS DO MARISTAS CELTA (VIGO) CAMPIOAS DO VIII TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET 2008

O equipo de Maristas Celta de Vigo gañou o VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" de categoría feminina, organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, tras gañar ao Canteiras "A" de Porriño por 61-54 nunha final moi igualada ata o último momento no que as xogadoras do Maristas Celta, que tiveron máis efectividade nos tiros, lograron incrementar a diferencia.

Antes de chegar á final, o Maristas gañou por 47-45 ao C.B. Arxil de Pontevedra nun encontro que, tal como indica o resultado, foi moi disputado. O Canteiras "A" de Porriño gañou a súa semifinal con maior rotundidade, xa que gañou por 63-34 ao anfitrión Seis do Nadal "A".

Tódolos equipos demostraron unha gran calidade e se puideron vivir partidos moi disputados, onde as xogadoras trataban de aplicar tódolos fundamentos deste deporte.

Tralo Maristas Celta de Vigo e o Canteiras "A" de Porriño, quedou en terceiro posto o C.B. Arxil de Pontevedra; o cuarto foi o Seis do Nadal "A" de Vigo; seguido do Seis do Nadal "B" de Vigo e do G.D.B. Gafanha de Portugal.

Na clausura do VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet de categoría feminina entregaron os trofeos D. Jorge Santos, en representación de Caixanova; D. Alberto Zato, Vicepresidente de la Federación Gallega de Baloncesto; y D. José Jesús Outeiral, Presidente del Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

RESULTADOS

GRUPO A

Seis do Nadal "A" 65 Vs G.D.B. Gafanha 22

Maristas Celta 66 Vs G.D.B. Gafanha 12

Seis do Nadal "A" 35 Vs Maristas Celta 65

GRUPO B

Seis do Nadal "B" 31 Vs Canteiras "A" 35

Canteiras "A" 31 Vs C.B. Arxil 29

Seis do Nadal "B" 25 Vs C.B. Arxil 28

SEMIFINAIS

Maristas Celta 47 Vs C.B. Arxil 45

Seis do Nadal "A" 34 Vs Canteiras "A" 63

5º E 6º POSTO

Seis do Nadal "B" 69 Vs G.D.B. Gafanha 20

3º E 4º POSTO

Seis do Nadal "A" 29 Vs C.B. Arxil 44

FINAL

Maristas Celta 61 Vs Canteiras "A" 54

CLASIFICACIÓN

1º- MARISTAS CELTA (Vigo)

2º- CANTEIRAS "A" (O Porriño)

3º- C.B. ARXIL (Pontevedra)

4º- SEIS DO NADAL "A" (Vigo)

5º- SEIS DO NADAL "B" (Vigo)

6º- G.D.B. GAFANHA (Portugal)

No hay comentarios: